Padroado / Pazo de Cultura Concello de Narón
Pazo da Cultura, R/ Holanda S/N - Alto do Castiñeiro - Narón Ver web
A gala da oitava edición de Youtubeiras+ será o 1 de febreiro de 2025 no Pazo da Cultura de Narón. Comezará ás 19 horas e contará coa presentación de Javi Sánchez Castro (Meiga-i) e a actuación musical de De Ninghures. Antes, a partir das 17 h, haberá un obradoiro con Toxío (inscrición) e ás 18 h terá lugar un aperitivo previo á gala, onde poderás rexoubar ou apostar sobre quen gañará cada premio, tamén verás por alí a Gabri Fuentes cun micro facendo un directo para as nosas redes, coidado que pregunta! E, despois da gala, a Charanga Alxibeira guiaranos aos petiscos no café-teatro do propio Pazo. Para asistir podes retirar entrada no propio Pazo da Cultura, vía telefónica no 981 102 897, de luns a sábado, de 09.30-14.00 e de 17.30-20.30, ou a través de taquilla.pazo@naron.gal Toda a info en youtubeiras.gal
Pazo da Cultura, R/ Holanda S/N - Alto do Castiñeiro - Narón Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar