Comezamos este ano 2025 cunha nova actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en Ourense cun CinemaForum, onde veremos e comentaremos un documental sobre acollemento.
"24 SIETE"
DATA: 07/01/25
HORA: 17:00 a 19:00
LUGAR: Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº43. Ourense.Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar