A Concellería de Cultura do Concello do Valadouro presenta a programación da Papanoelada Moteira que se desenvolverá a mañá do 24 de decembro de 2024.
Saída da comitiva moteira ás 12:00 h. con Papa Noel desde Local Concepción Arenal (Antigo Matadoiro)
Recepción de Papá Noel aos nenos e nenas do Valadouro ás 12:30, na Praza de Santa María.
Interpretación de panxoliñas a cargo da AC Amado Lar.
Degustación de chocolate con churros.Este ano haberá premios á moto máis vistosa.
A inscrición para poder participar efectuarase polos cauces habituais da Administración (sede electrónica, oficinas xerais...) ou no Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro en horario de atención ó público, desde hoxe ata o 22 de decembro ou mesmo o martes, día 24, desde as 11:15h. ata as 12:00 h., na Praza de Santa María
Bases do Concurso: https://acortar.link/TuCK2x
Solicitude de Inscrición: https://acortar.link/KfW0Xs
Colaboran Moto Clube Valadouro e AC Amado Lar.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar