19:30 hasta las 20:45
Running Teatro en Mos

Running Teatro en Mos

𝗥𝗨𝗡𝗡𝗜𝗡𝗚!!!! 𝗘𝗡 𝗠𝗢𝗦
Venres 13 de Decembro, no Centro Social e Deportivo de Guizán, voltamos as táboas coa nosa suorenta comedia "Running, unha suorenta comedia De Ste Xeito"

# 𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢:
+ Venres 13 de Decembro ás 19:30 horas.
+ Auditorio do Centro Social e Deportivo de Guizán situado na Estrada Louriño Sobrán nº114, Guizán, Concello de Mos.
+ Entrada gratuita. Aforo limitado. Recomendado para público de máis de 12 anos.
Evento organizado polo Asociacion Centro Social e Deportivo de Guizán coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do programa cultural Culturea.

# 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”
Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo.

¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.
Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android