21:00 hasta las 22:15
Running Teatro en Salvaterra de Miño

Running Teatro en Salvaterra de Miño

𝐑𝐔𝐍𝐍𝐈𝐍𝐆!!!! 𝐄𝐍 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 𝐃𝐄 𝐌𝐈𝐍̃𝐎
Venres 27 de Decembro, na Casa Municipal Multiusos de Salvaterra de Miño, convidámosvos a prepararvos para a San Silvestre deste ano coa nosa comedia "Running, unha suorenta comedia De Ste Xeito"

𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢:
+ Venres 27 de Decembro ás 21:00 horas.
+ Casa Municipal Multiusos de Salvaterra de Miño situado en Rúa Raíña Dona Urraca Nº12
+ Entrada gratuita. Aforo limitado. Recomendado para público de máis de 12 anos.

𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo.

¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.
Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android