Teatro Principal de Santiago de Compostela
Rúa Nova, 21 - Santiago de Compostela Ver web
A artista palestina Rafeef ZIadah ofrece no Teatro Principal un recital de poesía contra a barbarie. Os versos da poeta únense á música Phil Monsour nunha iniciativa que leva por título 'Xenocidio Nunca Máis' e que busca denunciar o masacre e reivindicar o dereito das refuxiadas palestinas a regresar á súa casa.
Poeta, activista polos dereitos humanos e académica en ciencias e políticas públicas, Ziadah pertence á terceira xeración de refuxiadas na loita palestina e a supervivencia e utiliza a poesía "como resistencia fronte a guerra, o exilio, a opresión de xénero e o racismo".
Especialmente coñecida na contorna internacional polas súas performances poéticas, é celebrada polas súas cativadoras actuacións e as súas vívidas narracións. A súa interpretación de poemas como 'We Teach Life, Sir' e 'Shades of Anger' fíxose viral aos poucos días da súa publicación. “Three Generations” o último disco de Rafeef, convida as oíntes a unha conmovedora viaxe por Palestina e o mar Mediterráneo.
Rafeef recibiu a subvención do Ontario Arts Council do programa Word of Mouth para producir o seu álbum debut Hadeel e foi escollida para representar a Palestina na South Bank Center Poets Olympiad. Máis aló das actuacións en directo, fomenta o apoderamento a través de obraoiros de palabra falada, creando espazos para a autoexpresión e a narración de historias.
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rafeef-ziadah-%C2%B7-recital-poetico
Rúa Nova, 21 - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar