19:00
Loló & Mamá Teatro en O Rosal
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Gratis
LOLÓ E MAMÁ 👩🦰👩🦳 EN O ROSAL Domingo 3 de Novembro, no Auditorio Municipal do Concello do Rosal voltamos as táboas coa nosa querida peza Loló & Mamá. Datos do evento: Domingo 3 de Novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal. Entrada gratuita. Recomendado a público +12 anos. ➥ Evento organizado polo Concello do Rosal coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do programa cultural +Escénicas. SINOPSE: Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre Cómo acolle unha filla a volta da súa nai? Quén é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar até que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente? Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e ácedo, que as cousas son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.



