21:00
The show moscón

The show moscón

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
“The Moscón Show” é un circo “varieté” itinerante, presentado por un Moscón gordo e rollizo. Un circo marabilloso, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os distintos números que hai no seu interior. Naceu como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e empregadas nas súas diferentes obras teatrais e televisivas, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia Dorian Grey's Toilet, Jordi Bertran Company ou Mago Lioz Shem, Dentro do noso armario, podemos gozar de verdadeiras Divas da canción, números musicais absurdos, magos e mentalistas arrepiantes, bebés funambulistas incribles, números de baile marabillosos e humor sen fin... .
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android