12:00
O libro máxico

O libro máxico

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Espectáculo onde se combina a narración oral, a música e o teatro co obxectivo principal de animar os rapaces e rapazas e as familias en xeral a gozar da lectura e a convertela nun hábito. Ademais, trátanse temas como as emocións; as relacións familiares; o compañeirismo; o consumismo; a importancia da imaxinación etc.

Cóntase a historia de Rosiña, unha nena que ten que quedar soa na casa facendo os deberes por culpa dun imprevisto que lles xurdiu aos pais. Como as tarefas lle resultan aburridas, decide investigar nun baúl onde os pais gardaron moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois están a pintar a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas, comezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos e amigas, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.

Máis tarde, as nenas e nenos atoparán unha lámpada marabillosa onde habita un xenio moi especial; axudarán a un can abandonado a solucionar os seus problemas e conducirán unha nave espacial por galaxias descoñecidas.

Finalmente, coa canción “O libro máxico”, resumo de todas as historias, celebrarán tantas emocións vividas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android