20:30
Henriko o feiticeiro

Henriko o feiticeiro

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Henriko é un peculiar feiticeiro, mago, bruxo, ¿charlatán? que sente que realiza trucos increibels. Proezas que superan o entendemento humano. Pero en realidade é unha fraude de mago ao que mesmo os nenos lle cazan os trucos. Aínda así, sendo o único que segue crendo na súa maxia, ten a caradura de continuar có espectáculo como se todo estuviese a saír segundo o planeado. Pero trala aparencia deste desastroso feiticeriro agóchase un veterano malabarista que realizará arriscados xogos con coitelos e perigosos equilibrios.

Nun intre dado do espectáculo, para sorpresa do público e do propio Henriko, comezarán aconteceder cousas inexplicabels na escena. O achegamento de enerxía por parte do público alcanzou tal intensidade que os feitizos, de repente, están funcionando. Henriko adquire poderes e da camiñado con éxito sobre o arame de funambulismo dando acadada unha especie de levitación mística.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android