**Proxecto de democratización do coñecemento para maiores de 50 anos
Na Universidade de Santiago, están comprometidos coa formación continuada. Xunto co Vicerreitorado de Estudantes, o Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, está a desenvolver un programa especial para persoas de máis de 50 anos, con apoio do Concello de Rianxo.
PROGRAMA FORMATIVO NO CONCELLO DE RIANXO:
Aula no Centro Sociocultural/Auditorio de Rianxo
24/04/24 16:30 - 18:00 h Seminario: Para que serven os insectos? D. José Carlos Otero González, profesor emérito da facultade de Bioloxía.
25/04/24 16:30 - 18:00 h Obradoiro práctico: Para que serven os insectos? D. José Carlos Otero González, profesor emérito da facultade de Bioloxía.
26/04/24 16:30 - 18:00 h Seminario: As orixes do culto xacobeo: historia e lenda. D. Victoriano Nodar Fernández.
29/04/24 16:30 - 18:00 h Seminario: A relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego: unha aproximación á Historia da Música Galega e aos instrumentos de percusión. Dna. María González Blanco, docente da facultade de Ciencias da Educación.
30/04/24 16:30 - 18:00 h Obradoiro práctico de ritmo e percusión. Dna. María González Blanco, docente da facultade de Ciencias da Educación e Dna. Lusine Grigoryan Zohrabyan.
03/05/24 16:30 - 18:00 h Visita a Santiaguiño do Monte e a Igrexa de Santiago en Padrón. D. Victoriano Nodar Fernandez.
INSCRICIÓNS:
Preferiblemente por correo electrónico en cultura@concelloderianxo.gal indicando:
Nome e apelidos DNI Data de nacemento Enderezo postal Correo electrónico Nivel académico: Estudos primarios/Estudos secundarios/Diplomatura universitaria/Licenciatura universitaria/Doutoramento
No teléfono 981 100 688 ou presencialmente no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.
Non perdas esta oportunidade de seguir aprendendo e crecendo!
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar