20:30
FEMINÍSSIMAS Teatro en Vilagarcía

FEMINÍSSIMAS Teatro en Vilagarcía

O Sábado 16 de Marzo De Ste Xeito Producións celebrará o Mes da Muller presentando a súa comedia violeta, "FEMINÍSSIMAS", no Salón García. Este evento está promovido polo Departamento de Igualdade de Vilagarcía de Arousa. # 𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢: A cita será o Sábado 16 de Marzo ás 20:30h. Salón García situado Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra Público +12anos.

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven… con 3 maneiras ben distintas de entender o «feminismo».

Este é o punto de partida desta creación teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentras analizamos, dende a comedia, de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.

Unha maneira, tamén de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incogruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android