19:00
FEMINÍSSIMAS Teatro en Cabanas

FEMINÍSSIMAS Teatro en Cabanas

O Domingo 10 de Marzo De Ste Xeito Producións presentará a súa comedia violeta, "FEMINÍSSIMAS", na Escola Laica do Concello de Cabanas. Este evento conta có patrocinio do Concello de Cabanas e da Deputación da Coruña dentro da programación da Rede Cultural.

# 𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢: A cita será o Domingo 10 de Marzo ás 19:00h. Escola Laica de Cabanas (Casa da Cultura). Público +12anos.

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven… con 3 maneiras ben distintas de entender o «feminismo». Este é o punto de partida desta creación teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentras analizamos, dende a comedia, de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira, tamén de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incogruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android