18:00
Kyoki

Kyoki

KYOKI vai destinado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo trata a temática da memoria, da vellez, da demencia, da soidade e da dura e esixente tarefa de coidar as persoas maiores e enfermas.

A través dunha linguaxe xestual impulsada pola interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou doutro todas as persoas podemos recoñecer.

KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita verificarse en persoas de idade avanzada, mais quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? Ou saiu de casa atrasado para o cole sen peitear o cabelo?

KYOKI retrata un deses días catastróficos, máis é tamén unha homenaxe a todas as persoas maiores que asisten cada día ó proceso implacable do declinio das súas capacidades vitais.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android