Pakolas e Laura preséntanos o seu último librodisco, “Ramona Órbita, a dona do tempo”, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020). Neste novo traballo contaremos e cantaremos, e debuxaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento.Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. A través das cancións , a narración a as cores das ilustracións, imos saltando a diferentes épocas. Tamén se incluirán algún dos éxitos do discografía anterior de Pakolas, dos mais acalamados polo público
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar