20:00
Caldas e Mancho: RIR

Caldas e Mancho: RIR

Caldas e Mancho, que se consideran a si mesmos #ruralinfluencers no seu día a día, falarannos das redes sociais, da fama, dos recordos, das ilusións, da familia, da ecoloxía, da eficiencia enerxética, da falsa realidade, da cultura, da política, de ser ou non ser...

O espectador conecta axiña con eles e ca súa historia, formando parte do espectáculo, identificándose nas súas vivencias, xa que Caldas e Mancho representan dalgún xeito a toda a poboación galega. Son inquedos, emprendedores, pícaros, retranqueiros, dedicados, feitos a si mesmos, e teñen un marcado carácter galego propiciado pola súa orixe rural, un pobo do interior galego, Amieiro.

A súa é unha historia de ida e volta de Amieiro ata que despois de moitos anos deciden regresar ás súas orixes e quedarse definitivamente, facéndose homes do rural e loitar para frear o despoboamento e rexurdir o lugar do abandono no que se atopa ata conseguir un novo florecemento. Para iso, utilizan todos os seus coñecementos, experiencias, intuicións, ferramentas e artimañas ata conseguir mellorar a vida da vila e a súa propia. E nunca, fagan o que fagan e pase o que pase, se esquecen de que hai que rir...
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android