12:30 hasta las 14:00
Actos Castelao 2024

Actos Castelao 2024

Actos Castelao 2024: 17 ao 27 de xaneiro

MÉRCORES 17/01/24, 12.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala de exposicións)

EXPOSICIÓN: Apertura da mostra do XVII Premio Jesús Núñez de gravado da Deputación da Coruña.

VENRES 19/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (salón de actos, 1º andar)

RELATORIO: "Castelao artista gráfico", por Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, Director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital; acompañado por Julio Alcalde, Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo.

SÁBADO 20/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (salón de actos, 1º andar)

CHARLA COLOQUIO: "Castelao na prensa", por Miguel Anxo Seixas, Presidente da Fundación Castelao; acompañado por Julián Bustelo, Alcalde do Concello de Rianxo, e intervención musical de Noelia Gómez e Rui Grenha musicando textos de Cousas de Castelao.

VENRES 26/01/24, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala Arcos Moldes)

LIBROS: Presentación de "O libro secreto da filosofía" de José Carou Rey, coas intervencións da ilustradora da obra, Sara Valcárcel; a profesora e tradutora Margarita Fernández Gómez; o escritor e membro de Barbantia, X. Ricardo Losada; o Director de Producións da Editorial Galaxia, Xesús Domínguez; o Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, Julio Alcalde, e o propio autor. Intervención artística e coloquio a cargo de Miguel Mosquera. Apertura e peche musical a cargo de Tano Domínguez (piano) da Escola de Música de Rianxo.

SÁBADO 27/01/24, 12.00, PASEO DA RIBEIRA (busto de Castelao)

OFRENDA FLORAL: Intervención de autoridades. Acompañamento musical a cargo de Río de Anxo.

DO MÉRCORES 17/01/24 AO XOVES 15/02/2024, 20.30, CENTRO SOCIOCULTURAL-AUDITORIO DE RIANXO (sala de exposicións)

EXPOSICIÓN: XVII Premio Jesús Núñez de Gravado da Deputación da Coruña

Organizados polo Concello de Rianxo xunto coa colaboración da Deputación da Coruña, o Museo da Artes do Gravado á Estampa Dixital do Concello de Ribeira, a Asociación Barbantia, a Fundación Castelao, a Escola de Música de Rianxo, a Editorial Galaxia e La Voz de Galicia.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android