18:00
ACTIVIDADE ONLINE: O coidado que precisamos

ACTIVIDADE ONLINE: O coidado que precisamos

Continuamos programando actividades de xeito virtual, no "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS", cunha charla a cargo de Cate Robinson que leva por título:

O COIDADO QUE PRECISAMOS Un conversatorio sobre as necesidades das familias que coidan e como coidarse.

Cando nos coidamos a nós mesmas aumentamos as nosas capacidades de ser máis resilientes, de enfrontar situacións con máis enerxía e máis motivación para que saian ben. En coidar ao outro a miúdo deixámonos á beira, priorizando as necesidades de cada día e esquecendo as cousas que nos fan ben. Nesta actividade falaremos de como usar as nosas fortalezas e coidarnos a nós mesmas para vivir mellor o acollemento e a adopción.

A cargo de CATE ROBINSON Fundadora e presidenta da primeira asociación de familias de acollida en américa latina: “AFAC, Asociación de Familias de Acogida de Chile”. É traballadora social e traballou 10 anos directamente con nenos, nenas, adolescentes e as súas familias en situacións de protección en Escocia. Nos últimos 8 anos traballou como consultora para incidir na política pública e o mellora das prácticas en coidado alternativo, tanto para residencias como para as familias de acollida. Traballou con organizacións como UNICEF Chile e a Pontificia Universidad Católica de Chile. Hoxe está especializa en fomentar e fortalecer a cultura de acollemento familiar. Tamén é coach para adultos con experiencia de vivir o acollemento ou a adopción, familias de acollida e familias adoptivas: https://es.wings4success.com/

Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e ese mesmo día recibiredes un correo co convite e as indicación para unirse.

Cuestionario: https://forms.gle/xnYpPw2Xc7Fx4T6x5

DATA: 21/11/23 HORA: 18:00 - 20:00 LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET IDIOMA: Castelán

ATENCIÓN: Esta actividade ten límite de aforo e a orde de preferencia para participar nela é esta: familias socias de MANAIA, familias que pertecen a un dos grupos de WhatsApp da Asociación, familias de CORA e de ASEAF, resto de familias

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124. Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA. Un saúdo

Actividade cofinanciada ca Xunta de Galicia.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android