19:30
Relatorio arredor do ensaio histórico 'Cociñeiras con talento', de Xavier Castro

Relatorio arredor do ensaio histórico "Cociñeiras con talento", de Xavier Castro

Relatorio arredor do ensaio histórico:

“Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia”

Autor: Xavier Castro (catedrático de Historia Contemporánea da USC)

Interveñen: Carlota Román (filóloga) e Xavier Castro

Día: mércores, 25 de outubro de 2023

Hora: 19:30

Lugar: Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra (rúa de Manuel Quiroga, 21; 1º andar)

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia, de Xavier Castro, publicado pola Transforma Editores.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 25 de outubro, ás 19:30 horas, no Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra. O autor estará acompañador por Carlota Román.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Da obra

Cociñeiras con talento é un ensaio histórico de grata lectura e escrito con rigor, que aborda unha temática novidosa e de gran relevancia para a gastronomía de Galicia e para a historia das mulleres que alimentaron a nosa xente co seu esforzado labor. Mulleres xenerosas que se conformaban con racións escasas con tal de que os seus fillos e maridos estivesen ben mantidos. Cociñeiras que forxaron co seu talento a gastronomía galega enxebre e a alta cociña.

Segundo a chef con estrela Michelin Lucía Freitas: “O libro, aparte de desfrutalo a feixes, afianzou o obxectivo que teño de poñer en valor o talento e o esforzo das mulleres que representan todas as profesións que fan posible o ecosistema da nosa gastronomía. Pero elas son ademais cociñeiras de alma, cada unha cociña para os seus. Xavier Castro salienta nesta obra o papel ninguneado que a historia outorgou ás cociñeiras, con moita investigación, coñecemento e sabedoría ó respecto, e eu teño que poñer o foco no importante: non tanto nas estrelas Michelin, como nas mulleres que traballan a terra e o mar, producen, elaboran e dan amor ó traveso da cociña; que son as mesmas que nos seguen a dar ese amor ós cociñeiros estrelados. Xavier titula esta marabilla Cociñeiras con talento; eu engado cociñeiras de amor e legado, mulleres que crearon, produciron, gardaron e transmitiron a base culinaria da que se nutre a sociedade actual”.

Do autor

Xavier Castro Pérez. Catedrático de Historia Contemporanea da USC, impartiu docencia na Université de Rennes e École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Foi subdirector da revista Grial, dirixiu varios proxectos de investigación e foi asesor histórico de programas televisivos como As leis de Celavella e Lobos e Cordeiros. Colabora en Radio Clásica no programa: “Historias de café”. Publicacións: O galeguismo na encrucillada republicana, A lume manso (Galaxia), Ayunos y yantares (Nivola) (Premio Nacional de Gastronomía). A la sombra ejemplar de los parrales (NigraTrea). Historia da vida cotiá en Galicia (NigraTrea e Galaxia) (Premio de Investigación Ferro Couselo). A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia (Galaxia). A mesa e manteis (Biblos). (Premio Gourmand World Awards). Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica (USC). Tostado, el vino noble de Galicia (Acuarela). Membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica. Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015.

COLABORA: Liceo Casino de Pontevedra.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android