18:00
Lugo: PRESENTACIÓN - "EN FAMILIA", programa de experiencias familiares de referencia
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Continuamos ca presentación do noso programa de acollemento familiar, que iniciamos no 2021 xunto con outras entidades que xestionan casas de familia: Casa de Familia Laura Vicuña, Casa de FamiliaSta. Joaquina de Vedruna e Faiben, Fundación de apoio á infancia e ao benestar, desta vez en Lugo:
PRESENTACIÓN DE "EN FAMILIA", PROGRAMA DE EXPERIENCIAS FAMILIARES DE REFERENCIA
Este proxecto ten como obxectivo que as nenas, nenos e adolescentes en situación de acollemento residencial dispoñan dunha vivencia da vida familiar protectora. Nace dende a necesidade de ofrecerlles vínculos estables a estas rapazas e rapaces que na actualidade residen en casas de familia e non contan coa posibilidade de acceder a outro recurso adaptado que lles facilite a súa integración nun núcleo familiar protector de referencia. Estas nenas e nenos teñen un fogar nunha casa de familia, contan con educadores cos que conviven, dispoñen de atención individualizada e acompañamento diario pero o que se busca dende o programa é que, ademais, poidan establecer vínculos afectivos estables e seguros en familia, habitualmente comezamos con convivencia en fins de semana e períodos de vacacións ainda que xa contamos con convivencias plenas, nos que integrarse nunha estrutura familiar, ampliar a súa rede de apoio social, participar en actividades alternativas, etc., complementando así o esforzo do desenvolvemento e integración realizado dende as casas de familia e a Administración. Somos conscientes de que o mellor lugar para que una nena ou neno se desenvolva e creza de forma idónea é dentro do seo dunha familia, por iso buscamos a quenes, de forma voluntaria, estean dispostos a mergullarse nun proxecto que busca mellorar, de forma substancial, a vida destas nenas e nenos, tanto de cara ó seu presente como no que se refire ó seu futuro adulto.
DATA: 17/10/23 HORA: 18:00 - 20:00 LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37. Lugo
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 3º martes de cada mes estaremos en Lugo.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia


