20:00
Iphixenia na porta do súper. RGTA 2023

Iphixenia na porta do súper. RGTA 2023

Adquisicón de entradas en Biblioteca Municipal e Auditorio do Grove.

A compañía formada por Antela Cid e Fran Peleteiro produce este espectáculo, recomendado para maiores de 12 anos, dirixido por Sara Rey Seoane, unha das directoras seleccionadas polo Centro Dramático Galego para a súa última montaxe, e interpretado pola grovense Alba Caneda, unha nova promesa da interpretación saída das últimas promocións da ESAD de Galicia.

"Iphixenia na porta do súper" é unha crítica aos recortes nos servizos públicos, sobre todo na sanidade, que fai un paralelismo entre o mito clásico de Iphixenia e unha rapaza de barrio actual. "Iphixenia na porta do súper" é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión que, desde a súa estrea, está a acadar excelentes críticas.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android