20:00
Camiños do fado

Camiños do fado

O dúo formado por Iria Estévez e Gonzo Piña leva varios anos de exitosa andaina, nos que mostraron o seu traballo de versións e temas propio, actuando en todo tipo festivais, actos culturais e salas de toda a xeografía peninsular.
Actualmente presentan en directo o proxecto Camiños do Fado; un concerto no que experimentan cos distintos estilos de fado, poñéndoo en diálogo con outras músicas, como a cantiga galega e a música brasileira, entre outras, ofrecendo unha visión ampla do que o fado supón, a partir daqueles aspectos que comparte con outros estilos musicais.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android