19:00
Oh-Pera!

Oh-Pera!

OH-PERA

Un show de Circo contemporáneo, para todos os públicos. Mezcla de teatro, humor e circo, onde o realismo síntese nas técnicas de circo cun risco totalmente real, en canto a equilibrios , acrobacias e técnicas aéreas levadas a cabo dunha forma creativa, única e nunca vista. Un show innovador, que achega ao público a unha dramaturgia onde os personaxes atravesan situacións realmente divertidas, complexas e que lles leva a un remuiño de emocións que o público vivirá como súas.

OH-PERA trasládanos a un lugar no que todo é posible.
Dúas personaxes que chegan a un lugar baleiro , para enchelo e cambialo todo
A través da música comezan a suceder un sen fin de situacións diversas.
O xogo, aparece en forma de circo no que o amor, o humor , o risco desenvólvense dunha forma única.
Do mesmo xeito que sería unha película sobre a nosa vida... aquí todo cambia e avanza.
Os escenarios cambian , as emocións evolucionan e as diferentes situacións que ocorren en escena levan a estes personaxes a momentos tan arriscados como divertidos
Técnicas aéreas, acrobacias e malabar aparecen dunha forma creativamente única , na que o risco é real, na que un escenario baleiro cobra vida e énchese dunha forma nunca vista
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android