14:00
Concerto

Concerto

Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017.

Consta de 7 músicos: guitarra, baixo eléctrico, teclado, batería e tres ventos (saxofón alto, tenor e trombón). O noso estilo musical inclúe versións de clásicos musicais tanto en galego como en castelán. Entre os estilos musicales destacan o Ska, reggae, cumbia, pop e rock. Todos as versións están arranxadas por nos mesmo dando protagonismo as voces e os ventos da formación. Do repertorio en galego destacan versións como "O Tren" de Andrés do Barro, "Quen puidera Namorala" de Celso Emilio Batallán así como tributos a outros grupos galegos coñecidos como Lamatumbá, Siniestro Total ou Heredeiros da Crus. No repertorio en Castelán conflúen numerosos estilos entre a cumbia o pop dos 80' e 90' e o rock mais exitoso.

Todo o noso espectáculo está orientado a todo o tipo de públicos e idades diferentes.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android