20:30
Momboi

Momboi

Ofrenda (Bungalow Studios, 2019) foi o debut discográfico de Momboi. Tres anos despois, e logo do adianto dos sinxelos ‘Acacias’ e ‘Teresiña’, a banda de Noia publica en 2022 o seu primeiro LP Vacacións en Ornanda (MaySound Producciones), un disco tenro que transita pola beleza dos lugares comúns ao compás de medios tempos e pasaxes melódicas. Con Vacacións en Ornanda Momboi consolida un son persoal no que mestura o folk-rock cos ritmos latinos e a tradición galega para presentarnos temas fermosos e emotivos que toman como referencia estética o desaparecido Hostal Azteca da praia de Ornanda, en Porto do Son. A aura daquela sociedade inspirou as doce cancións compostas por Brais Sánchez (voz e guitarra) e o deseño dun disco con texturas e formas propias daquel tempo pasado.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android