22:00
Concerto

Concerto

A Mekánika Rolling Band é un grupo de animación de rúa, que conta cun escenario móvil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais de lume e pirotecnia a parte dun show enérxico, participativo e dinámico. No formato de escenario o show tamén inclúe efectos de lume e pirotecnia.

Conta cunha traxectoria de 15 anos, nos que xiraron por toda a península e parte de Europa, exportando a música galega pola Península e a países como Alemania, Austria, Francia e Italia.

A banda está formada por Nolo Chazo a Batería, Pepe Noya ó baixo, José Hermo a guitarra, Martín Chenlo ó trombon, Adrián Trillo ó saxo alto, Daniel Vieito ó saxo tenor e voces e Aitor Garcia ó keytar e voces.

No ano 2017, foron semifinalistas no Concurso GOT TALENT SHOW de Telecinco. Dende fai 5 anos, lideran o Ranking da plataforma Orquestas de Galicia facendo unha media de 90 concertos por temporada.

No ano 2018, publican o videoclip do seu primeiro single "En Busca da Festa" que foi gravado polas rúas de Santiago de Compostela e congregou a multitude de persoas. No ano 2020 publican o seu primeiro traballo discogáfico “A rúa é nosa” gravado en Pouland Estudios por Iago Pico, contando coa colaboración de Susana Seivane na canción “Terra de Loitadores”

Estos últimos anos participaron na Gala dos Premios da Musica Galega “Martín Códax” e en multitude de Festivales do país coma o Ourenrock, Nicrarock, Castelo Rock, Rockin Rian, Castelo Conta, Rockin VIla, Castanhazo Rock, etc....
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android