Que é o que fai a noite tan misteriosa? Que nos fai durmir, soñar e espertar pola mañá cos ollos apegados, a boca seca e o pelo revolto, cos pes fóra da cama, o pixama polos xeonllos e unhas irreprimibles ganas de facer pis? Acaso hai alguén nalgún lugar, velando para que todo ocorra como ten que ocorrer? Certo é que Tim nunca se fixo estas preguntas, pero dende o momento no que, sentado sobre o tellado do orfanato abandonado, viu caer do ceo aquela pequena e fráxil estrela, empezou a darse de conta de que algo non era como el imaxinaba.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar