23:45
Mediarea

Mediarea

Músicas do País é como un viño novo cargado de personalidade propia pero coa marca da terra que o viu nacer. Esta é a primeira proposta Artística de Mediarea. Este grupo nace do amor pola música patrimonial galega e a responsabilidade de contribuír á súa saúde con afán creativo. Cada un dos catro compoñentes do grupo aportan un novidoso toque á música tradicional: A gaita de Gael, ancorada na tradición do Morrazo pero garreando para outros rumbos, o acordeón de Pumar, aportando frescura con melodías e harmonías novas, o toque xoguetón pero preciso de Luís no bombo, a intensidade e enerxía da percusión de Rodri bebendo de moitos estilos… Estas son a vide, a auga, a terra e o sol.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android