21:00
Atardecer no Gaiás 2023: Madalena Gamalho

Atardecer no Gaiás 2023: Madalena Gamalho

É unha das grandes voces emerxentes do panorama musical galego. Cantautor cunha ampla formación en técnica vocal e unha especial conexión co mundo de fala portuguesa. Comezou a súa andaina musical en 2015 en formacións como Nota Bene ou Vos Meninos, actuando en Galicia e Portugal. Actualmente vocalista do grupo de folk jazz Laroá e recentemente finalista do concurso Sons Mans 2022 co seu proxecto máis persoal, INVENTO.

INVENTO é o seu disco debut, un disco de estudo froito da súa evolución vital e vogal dos últimos anos e da sinerxia e amizade con Iván Barreiro. Un proxecto que integra letras e melodías que convidan a moverse, conectarse e reflexionar sobre o ser, a vida e as súas contradicións. Unha reconciliación co amor e as emocións humanas, transmitidas a través dun universo sonoro de eclecticismo e atrevemento. Con dez cancións: seis de autoría propia, tres poemas musicalizados e unha versión da canción "Teresa Torga" de José Afonso.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android