20:30
Great Straits- The Great songs of Dire Straits

Great Straits- The Great songs of Dire Straits

ÓSCAR ROSENDE é considerado por moitos como o Mark Knopfler galego. Aclamado pola crítica e os fans, conta co recoñecemento á súa calidade interpretativa da obra de Mark Knopfler e dIRE sTRAITS, tal e como manifestou Guy Fletcher (teclista de dIRE sTRAITS e Mark Knopfler desde 1983) tras confundir o son do guitarrista galego cunha gravación orixinal de Knopfler: Estaban a tocar Why aye man e teño que dicir que pensei que era unha gravación nosa.

Con máis de 250 concertos ás súas costas, 3 xiras internacionais por Alemaña, incluíndo algúns concertos en Luxemburgo, Paris, Lisboa e Porto, e infinidade de concertos en España, O? scar Rosende gañou unha reputación irrefutable como o máis valorado interprete da obra do seu idolatrado Mark Knopfler. Coa súa nova formación, gREAT sTRAITS, da que forman parte un nutrido grupo dos máis destacados músicos e staff técnico da súa anterior banda Brothers in Band (da que foi o fundador e liderou ata 2019), que sumados a? s novas incorporacións cun cadro de persoal de músicos ?de luxo?, decidiron embarcarse neste renovado proxecto para darlle un novo impulso e levar aínda máis lonxe a fiel interpretación do legado de DIRE STRAITS.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android