22:00
Hens

Hens

Consolídase na escena musical durante o verán de 2017 cando forma o grupo Go Roneo, xunto a Sesentay6, Delgao, Only e Jarana. Ademais de ser membro deste, mantén ata 2019 un dúo con Delgao.

Recentemente desvelaba xunto a Despistádevos, o remix do seu hit Quedar pa joder, single que vía a luz meses antes na súa primeira referencia de longa duración, Hensito. Este é o primeiro álbum de Hens, que actualmente se atopa no posto 81 do top100 álbums tras 13 semanas na lista. Hensito é unha viaxe ao Pop Rock do 2000s.Hensito é un exercicio de nostalxia ben entendida pola música que dominou a radiofórmula nacional nos primeiros anos do presente século.Hensito sitúase entre o background dos temas que nos fixeron bailar e cantar hai anos e a desenvoltura do urban que dominou a última década en todo o mundo. Para lograr este resultado pioneiro no panorama nacional, Hens rodeouse dalgúns dos artistas máis relevantes do momento. Desde Delgao, o seu amigo e compañeiro en Go Roneo, en Dos Días Al Mes; pasando por Walls, unha das revelacións do rap español no último ano, que aparece en Me Encanta(s); ata chegar a Recycled J -unha lenda viva do underground madrileño- que se loce en De Nuevo, e que ten en común con Hens a frescura á hora de escribir e o transitar facilmente entre o pop e os fraseos propios do hip-hop e os seus derivados.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android