20:30
As Donas

As Donas

As Doas é un grupo de cámara que investiga no repertorio musical de mulleres compositoras de todos os tempos. Inspirado no mito renacentista das damas de Ferrara ?obrigadas a realizar os seus concertos en sumo secreto en exclusivas cortes europeas?, esta formación nace co obxectivo de visibilizar o papel das mulleres na historia da música e poñer en valor un prezado patrimonio musical escondido.

Nesta ocasión, co proxecto Dear Caroline, o ensemble ofrece unha selección de pezas que nos achegan a unha das compositoras contemporáneas máis recoñecidas do momento, a norteamericana Caroline Shaw. Gañadora de prestixiosos galardóns como o Premio Pulitzer da Música en 2013 ou o Grammy 2022, esta prolífera compositora e destacada violinista é capaz de conxugar a linguaxe clásica co contemporáneo dunha maneira tan sublime que traspasa a figura do melómano e logra alcanzar as sensibilidades das novas audiencias.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android