22:30 hasta las 23:59
XXXII FESTA DO CHAMPIÑÓN 2023 (ORDES)

XXXII FESTA DO CHAMPIÑÓN 2023 (ORDES)

A Festa do Champiñón de Ordes, é unha cita culinaria que se enmarca cada ano dentro do programa da Feira Multisectorial e de Maquinaria Agrícola Expo Ordes.

Este produto poderase degustar en calquera dos múltiples establecementos hostaleiros da zona, que se encargarán da elaboración de diferentes e saborosas receitas

PROGRAMA
Venres 28 de Abril, concerto de Treixadura e De Vacas ás 22.30 horas.

Sábado 29, ás 10.00 horas haberá pasacalles con gaiteiros. Ás 11.00 horas levará a cabo o Obradoiro de cociña infantil. Ás 12.30 horas terá lugar o desfile de tractores polas rúas da vila e presentación dean o campo dá feira. Ás 14.00 horas poderase gozar coa actuación da charanga TNT.

Ás 16.00 horas terá lugar unha charla sobre o champiñón e ás 17.00 horas un Obradoiro infantil de traballos manuais. Ás 18.00 horas, chapinshow con Aecor. Ás 19.00 horas poderase gozar de Carman circo e ás 20.00 horas doutra actuación da charanga TNT.

Ás 22.30 horas terá lugar o concerto de Boyanka Kostova e Deus Ke Che Crew.

Domingo 30, ás 10.00 horas haberá pasacalles con gaiteiros. Ás 11.00 horas terá lugar un showcooking con Iván Mariñas.  A partir das 13.00 horas poderase gozar coa actuación da charanga BB+ e a Banda de Música de Ordes. Ás 14.00 horas comezará a sesión vermú amenizada por Alaska.

Ás 17.00 horas, actuación de Cayetano Lledó Show Máxico. Ás 18.00 horas poderase gozar co monólogo de Xosé A Touriñán e ás 19.00 horas doutra actuación da charanga BB+. Ás 20.00 horas, fin de festa a cargo da orquestra A Fórmula e Alaska.

A XXXII Festa do Champiñón, terá lugar nos establecementos hostaleiros da localidade, os cales ofrecerán de forma gratuíta con cada consumición unha tapa deste delicioso produto.
Ademais, haberá servizo de pulpeira.
De 10.00 a 20.00 horas poderase visitar a exposición de Maquinaría Agrícola e Feira de Artesanía na alameda.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android