00:00 hasta las 00:00
3a Edición Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea

3a Edición Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea

A área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo impulsa a terceira edición das Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea, que se celebrarán do 28 ao 30 de abril no ecomuseo El País del Abeyeiro, en Negueira de Muñiz. 

Organizadas pola Asociación Corripa, coa colaboración da área provincial, preséntanse como unha nova oportunidade para poñer en valor a biodiversidade e os entornos rurais, a través das achegas dun quincena persoas investigadoras e expertas en divulgación científica de diferentes puntos do Estado.
O programa presentouse onte venres no Pazo de San Marcos nun acto no que participaron a deputada de Medio Rural Mónica Freire e Alberto Uría, o vicepresidente da Asociación Corripa.
A terceira edición das xornadas artéllase arredor de figuras pioneiras ou historicamente relevantes no estudo, conservación e divulgación da biodiversidade a nivel mundial como o cartógrafo Félix de Azara, pioneiro en documentar a biodiversidade de América do Sur; o científico Charles Darwin, que teorizou sobre a evolución das especies e a selección natural; o xeógrafo, naturista e explorador Alexander Von Humboldt, pioneiro do pensamento ecolóxico; o naturalista Carlos Linneo, que desenvolveu a nomenclatura científica de animais e plantas ou a entomóloga e ilustradora Maria Sybilla Merian. 
As súas biografías e achegas protagonizarán diferentes ponencias ao longo das xornadas, que reflexionarán tamén sobre a importancia dos bosques para a conservación da biodiversidade, con conferencias sobre a situación e os retos de futuro destes espazos naturais e sobre a  problemática dos lumes forestais.
O programa inclúe tamén mesas redondas sobre divulgación científica e comunicación de temáticas relacionadas co rural e a conservación medioambiental, así como paseos guiados polo Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo, inaugurado nas xornadas do ano pasado, e polo nomeado como “Souto de Humboldt”, un bosque de castiñeiros seculares na contorna do ecomuseo de El País del Abeyeiro que a Asociación Corripa está a poñer en valor como espazo de biodiversidade e memoria con ilustracións de David Despau.
A responsábel provincial destacou “a continuidade que desde a área de Medio Rural e a Asociación Corripa lle estamos dando a este encontro de carácter divulgativo que, co aval da perspectiva científica, demostra a importancia de conservar as nosas paisaxes e o noso patrimonio natural, algo que só é posible cun apoio real ás persoas que desenvolven os seus proxectos profesionais e vitais no medio rural”

Mónica Freire suliñou “a singularidade e creatividade do programa que conecta unha pequena aldea da montaña lucense co legado das figuras máis relevantes no campo da investigación e da divulgación da biodiversidade”. 

As inscricións para participar poden realizarse na web https://www.asociacioncorripa.org ou no teléfono 900 26 43 26. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android