21:30
Remember Queen

Remember Queen

O obxectivo deste espectáculo é crear a sensación de estar a ver a Queen en vivo, grazas a que os integrantes do espectáculo ocupan a formación exacta que tiña o grupo inglés sobre o escenario, utilizando dez cambios de vestiario.
Os artistas de Remember Queen coidan o máis mínimo detalle do espectáculo orixinal cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na Xira do 86, sendo a última Xira de QUEEN con Freddie Mercury en escena. A formación orixinal que apaixono nos escenarios de todo o mundo.

Queen era excepcional porque os seus músicos o eran excepcionais como a súa batería Roger Taylor, recoñecido e destacado músico da historia do rock, que ademais foi compositor de gran parte dos éxitos como "Radio Ga Ga", "A Kind of Magic". O bateria de Remember Queen Roberto D ´Amicis interpreta como ninguén outros éxitos de Queen como "I'm In Love With My Car". No papel de Brian May Leo Giannetto e como John Deacon, Julio Llorca.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android