20:00
Festival Underfest SON Estrella Galicia- Paul Weller

Festival Underfest SON Estrella Galicia- Paul Weller

O lendario músico, coñecido popularmente como The Modfather, confirma as datas da súa nova xira europea con 4 paradas no noso país, entre as que estará a súa actuación en Vigo o 16 Setembro como cabeza de cartel do Festival Underfest SON Estrela Galicia.

Figura indispensable e referente da música británica desde o seu debut en 1977 cos gloriosos The Jam, peza capital para o rexurdimento da cultura mod e influencia de primeiro orden para o britpop dos 90, é o autor, primeiro con The Jam, despois con The Style Council e finalmente en solitario, dun bo puñado de himnos xeracionais e álbums de absoluta referencia

Nacido no condado de Surrey, preto de Londres, comezou o seu consistente e prolífica carreira nos anos 70 como líder dos míticos The Jam cos seus amigos Steve Brookes e Dave Waller, banda coa que poñía patas para arriba os carreiros da escena británica e sentou as bases do revival mod, deixándonos cancións memorables como Town Called Malice, That´s Entertainment entre moitas outras.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android