18:00 hasta las 20:00
Internet: Tampouco pertenzo ás redes

Internet: Tampouco pertenzo ás redes

Continuamos programando actividades de xeito virtual, no "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS", cunha charla a cargo de Alicia Martinez-Simancas, que leva por título:

INTERNET: TAMPOUCO PERTENZO ÁS REDES

Nesta actividade falarei sobre o rol que tiveron as redes sociais e o Internet na miña experiencia como persoa adoptada interracial/transracial. En que me axudaron, en que me limitan, e en que me limitaron. Sobre todo falarei de racismo e violencia recibida, pero tamén falarei do positivo das redes en canto á miña experiencia na adopción. Empezarei dando unha breve introdución sobre os meus medos na rede para poñer a atención no racismo e a discriminación. Despois procederei a falar do momento clave que supuxo un antes e un despois na miña vida como adoptada e como foron as cousas desde que decidín falar da adopción en redes. Por poñelo en orde: - Os meus medos na rede (Racismo, discriminación, e violencia) - Covid-19 e os ataques anti-asiáticos (crises de identidade) - Grupos de adoptados asiáticos en Facebook (néboa da adopción) - TikTok (concientización da adopción e violencia recibida) Contido sensible: Linguaxe vulgar, insultos, suicidio, violencia

A cargo de: ALICIA MARTÍNEZ-SIMANCAS Adoptada transracial/interracial. Nada en China e criada en España desde os 6 meses. Empezou a falar e informar sobre a adopción en 2022.

Empezou en TikTok falando das súas dificultades e experiencias como adoptada para visibilizar o lado da adopción que non é a que a xente adoita escoitar ou quere. Pensou en crear un espazo no que outros adoptados sentíranse seguros para falar das súas dificultades, ou no que puidesen sentirse identificados.

A medida que avanzaba o contido e a audiencia, tamén aparecía máis xente que invalidaba, estigmatizaba, ou insultaba as persoas adoptadas. Deste xeito comezaron a non compartir tanto as súas experiencias e ela decidiu empezar a falar do perigo da romantización da adopción e a expoñelo como un problema social. Á súa vez comezou a falar dos problemas e dificultades da adopción en xeral, tanto na práctica, como no impacto que ten na persoa adoptada.

A día de hoxe, expón moitas cousas en canto á adopción, entre outras; as dificultades máis comúns dos adoptados e como ela as viviu. O dano da romantización da adopción nos adoptados para concientizar e informar doutras realidades e poder axudar a outros adoptados e familias. Defende os dereitos das persoas adoptadas, e a adopción responsable e informada no trauma e as súas consecuencias. Loita contra o estigma da adopción e explica como e por que se pode manifestar o trauma.

Alicia considera que máis xente debería defender e apoiar as persoas adoptadas validando as súas experiencias e dificultades. Do mesmo xeito que profesionais poderían axudar á divulgación de información en canto ao trauma e inclusión das persoas adoptadas na educación de profesionais da saúde. Así menos persoas adoptadas terían medo de expresar e falar das súas dificultades para que se lles poida axudar e tamén que poidan atopar a outros adoptados que senten e pasan polo mesmo.

https://www.tiktok.com/discover/alicia-martinez-simancas-adopcion

Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e ese mesmo día recibiredes un correo co convite e as indicación para unirse.

Cuestionario: https://forms.gle/itFCdWsDGqNfFrgdA

DATA: 30/03/23 HORA: 18:00 - 20:00 LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET IDIOMA: Castelán

*ATENCIÓN: Esta actividade ten límite de aforo e a orde de preferencia para participar nela é esta: familias socias de MANAIA, familias que pertecen a un dos grupos de WhatsApp da Asociación, familias de CORA e de ASEAF, resto de familias*

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada ca Xunta de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android