20:30
A parábola do angazo

A parábola do angazo

Elenco: Artur Trillo e Toño Casais

Un mozo dunha aldea galega emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. E nese breve tempo ocorrera algo asombroso: o rapaz esquecera a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. De volta na casa non facía senón preguntar:

-Mi padre: como se llama esto?

O pai, molesto ante ese fillo desleigado e farto de tanta pregunta parva, cando o mozo preguntou de novo ao atopar no chan da eira tan "exótica" ferramenta, "Mi padre:¿ y esto como se llama?", respondeulle:

-Ponlle enriba o pé xa verás como cho di el mesmo.

O mozo pisou enriba dos dentes e o mango do pau ergueuse e bateu nos fociños do rapaz que recuperou coa mesma a memoria:

-Raio do angazo!

Partindo desta coñecida lenda que xa recollía o Padre Sarmiento no século XVII, os dous intérpretes, a través dun diágolo fluído e cargado de humor farán unha viaxe polas anécdotas máis significativas da historia da nosa lingua, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente e demostrando que a lingua resistiu e resiste toda situación adversa.

Seguindo a liña iniciada por Bicos con lingua e Pelos na lingua afrontamos unha montaxe áxil e versátil, onde o humor é parte fundamental da engrenaxe do espectáculo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android