21:30
The Meteors

The Meteors

The Meteors son unha banda musical do xénero psychobilly procedentes do Reino Unido. Aínda que as orixes do psychobilly son discutidos, The Meteors son considerados como a primeira banda do estilo. Así, os seguidores da banda son coñecidos por usar a frase "Só os Meteors son verdadeiro psychobilly" .

The Meteors foi fundado en 1980 por P. Paul Fenech (guitarra e voces), Nigel Lewis (contrabaixo), e Mark Robertson (batería). Antes de formar o grupo, Fenech e Lewis tocaron noutras bandas de rockabilly, pero abandonaron a súa anterior banda, Raw Deal, para experimentar cun novo son que mesturase nas súas letras ciencia ficción e terror cunha mestura musical entre o punk e o rockabilly. Esta mestura é a que coñecemos como psychobilly. O seu primeiro concerto foi no Rockabilly Night en The Sparrow Hank, no norte de Londres, pero foi interrompido debido á súa imaxe punk, con todo na actualidade retomaron de nova conta a súa carreira musical.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android