20:00
Malevaje

Malevaje

Malevaje naceu á sombra dun local madrileño onde Antonio Bartrina, alma carismática do grupo, entoaba melodías tangueras con estraña paixón. Nos seus máis de 35 anos de traxectoria, con 16 discos no mercado, o grupo defendeu a inmortalidade do tango modernizando as súas composicións en busca dunha maneira propia de cantar os sentimentos de sempre pero sen esquecer nunca o respecto absoluto ás raíces do xénero.
Viño Amargo é unha homenaxe a esas cancións que soan todos os días nas rúas das nosas cidades. Unha homenaxe a eses autores e a algún dos intérpretes que nos marcaron musicalmente ao longo da nosa vida, esas cancións que nos fixeron remover as tripas, cancións que sen ser tangos chegáronnos á alma e que nós facemos á nosa maneira, co noso propio estilo MALEVAJE. Bolero, Flamenco, Rock, Tango, canción Francesa, Rancheiras… Todo é música, e toda a música fainos vibrar intensamente.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android