10:00 hasta las 20:00
Do final e do comezo

Do final e do comezo

Do final e do comezo é unha mostra protagonizada por traballos de 26 artistas graduados da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Un conxunto de obras que reflicten a diversidade de formatos, conceptos, propostas e técnicas coas que traballan os alumnos: vídeo, escultura, debuxo, deseño, pintura, instalación, fotografía...

É o resultado dun longo proceso de investigación e creación, xerado e construído na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Froito dunha procura non sempre sinxela, e da necesidade de plasmar nun proxecto final, os intereses e as angustias, as poéticas e as
realidades, as experiencias e aprendizaxes, os erros e os acertos, de toda unha clase (26 estudantes), a través dos Traballos de Fin de Grao.

Unha exposición que pretende perfilar o panorama artístico dos alumnos, a partir dunha selección dos proxectos realizados para esta etapa, que pon fin a catro intensos anos de traballo, e que abre novos camiños.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android