22:00
The Chris O´Leary Band

The Chris O´Leary Band

O compositor, cantante e armonicista de Blues Chris O´Leary está considerado como o herdeiro do mítico Levon Helm. Este cualificativo outorgado pola prensa especializada é debido a que Chris empezou a súa andaina profesional como frontman, vocalista principal e armónicista de The Barn Burners, a banda da lenda e gañador dun Grammy Levon Helm. Durante seis anos viraron por todo Estados Unidos e Canadá, arrasando cos seus directos e multiplicando a súa lexión de incondicionais seguidores tras cada concerto. Chris O´Leary naceu e creceu en Mount Vernon, Nova York. Nunha recente entrevista comentou que sendo un neno escoitaba pola radio a bandas de Rock como Kiss, The Allman Brothers Band ou The Rolling Stones, ata que un dia o soplido do armonicista de Chicago James Cotton rouboulle o corazón escoitándoo por primeira vez no LP "Hard Again" de Muddy Waters, regalado polo seu pai ao cumprir os 10 anos de idade. Chris curtiuse actuando en todo tipo de locais e festivais, en ocasións compartindo o escenario con grandes artistas, como Bobby Keys, (saxofonista de The Rolling Stones, Lynyrd Skynird ou The Who nas súas xiras), The Fabulous Thunderbirds, Jeff Healey, Dan Akroyd, Albert Le, Dave Edmunds e co seu venerado James Cotton. Tamen traballou no estudo realizando sesións de gravación para discos de Bill Perry ou Hubert Sumlin, entre outros. Durante a Guerra do Golfo Chris formou parte da banda Marine Corps, do exército de Estados Unidos. En 2011 publicou "Mr. Used to Be", un primeiro álbum que foi galardoado como Mellor Album de Debut nos premios Blues Blast Awards, e nomeado como Mellor Artista nos American Blues Music Awards en Memphis. Ademais de James Cotton, Little Walter ou James Harman, grandes armonicistas que pasaron pola banda do lendario bluesman Muddy Waters, quen realmente mais influíu a Chris foi Kim Wilson, vocalista, armonicista e lider de The Fabulous Thunderbirds. A súa estancia no Barrio Francés de Nova Orleans, actuando en clubs con músicos locais achegáronlle tambien outras influencias e un coñecemento mais amplo do Blues. Chris O´Leary publicou un total de 5 álbums ao seu nome, dous gravados en directo e tres no estudo. O último aparecido en 2019 titúlase "7 Minutes Latexa".
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android