15:59 hasta las 16:00
Festival dos Eidos 2022 | VII edición

Festival dos Eidos 2022 | VII edición

Festival dos Eidos 2022 | VII edición 
Parada do Courel | 26, 27 e 28 de agosto

Poetas de linguas de distintas nacións do Estado darán voz á palabra nesta edición da cita organizada pola Fundación Uxío Novoneyra na casa natal do poeta en Parada do Courel, que tamén contará coa música de Radio Océano, Ruper Ordorika, The Rimbaud Company, Clo Plas, entre outros, ademais da poesía escénica, audiovisuais e o xa clásico roteiro de avistamento de paxaros.

O Festival dos Eidos lembra un libro aberto e comunal e celebra os seus "lugares íntimos, os máis convividos, dos que se ten longa experiencia, hábito de longa presencia, os que un leva estampados dentro", como os definía Novoneyra. Nesta edición serán a horta, o curral, a aira, a Casa-Escola e o Souto da Rubial —que forma parte do catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia— os escenarios dunha cita que reivindica a paixón pola terra e a palabra poética expandida, salvaxe, escénica e en diálogo con outras artes.

O Festival dos Eidos forma parte da rede europea Litfest de festivais literarios en zonas illadas, e conta co apoio económico da Xunta de Galicia, da Agadic, e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Nesta cita, o acto de apertura celebrará o trinta aniversario da exposición dos castiñeiros "Queimados", serie fotográfica de Federico García Cabezón, pendurada no souto comunal da aldea de Parada que lembrará o pesar pola natureza queimada dunha serra que é un libro, 'Os eidos', obra que xira á volta deses lugares de pertenza, referencia física, literaria e social das terras altas da montaña luguesa.

+INFO
http://eidosfest.com/

As entradas poden adquirirse aquí:
https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/fundacion-uxio-novoneyra/14337--vii-edicion-festival-dos-eidos-eidosfest.html
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android