20:00
Formigas no peto (Ítaca Teatro) | CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO (MONFORTE)

Formigas no peto (Ítaca Teatro) | CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO (MONFORTE)

Formigas no peto (Ítaca Teatro)
29 DE SETEMBRO | 20:00h	| CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO (MONFORTE)

Teatro Contemporáneo para público a partir dos 13 anos.

SINOPSE
O protagonista entra no Bazar da Memoria e dende alí cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos, que a súa infancia… ou a nosa.
“A miña memoria é unha mestura de momentos e lugares que me habitan: Pequenos anacos de historia gardados nos recunchos máis remotos da miña alma, que, de cando en vez, pasean polo meu corpo pousados no lombo das formigas que se agochan nos petos.”
Trátase dunha proposta innovadora e orixinal que une a narración oral co teatro de imaxes e personaxes moi recoñecibles e vencellados á nosa vida cotiá, dende as avóas ata nós mesm@s.

Autoría: Ana Carreira e José Campanari.
Dirección: José Campanari.
Actor: Carlos Rebolo.
Duración: 80 min.

+INFO https://www.itacateatro.com/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android