18:30
Gaela quere ser druída (Trécola Produccións) | CENTRO SOCIOCULTURAL (AS NOGAIS)

Gaela quere ser druída (Trécola Produccións) | CENTRO SOCIOCULTURAL (AS NOGAIS)

Gaela quere ser druída (Trécola Produccións) 
29 DE DECEMBRO | 18:30h | CENTRO SOCIOCULTURAL (AS NOGAIS)

Teatro de marionetas de fío e varillas. Público infantil e familiar

SINOPSE:
Seica Gaela anda aburrida e persegue ao druída nun día moi importante para el, xa que en dúas lúas se celebra o consello anual de druídas e non atopa o condimento necesario para a súa nova poción. Finalmente a nena consegue contarlle o que lle preocupa, ela quere ser druída! Pero o mestre négase en rotundo porque “as nenas non poden ser druídas! Iso é cousa de homes!” Esta resposta, lonxe de calmar as ansias da nena, convencea de que ese é o seu fado. Gaela terá que demostrar ao druida que ela pode ser o que desexe se pon todo o seu empeño. Así, terá que pasar divertidas e emocionantes probas para acadar a súa capa branca. A través desta historia o público mergullarase na cultura castrexa, nos seus contos e na súas lendas. Trátase dunha obra que fomenta valores como a igualdade de xénero, o coidado medioambiental, a autoestima e a importancia de perseverar para superar os retos que se plantexan.

Autoría: montaxe propia da Compañía.
Dirección: Ero Vázquez Cabrera. T
itiriteir@s: Ero Vázquez Cabrera e Isa García Coldeira.
Duración: 50 minutos

+INFO: https://marionetastrecola.com/gaela/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android