20:30
Ris Ras

Ris Ras

Ris Ras é un espectáculo para enredar, rir e bailar; un espectáculo musical e teatral para os pequenos e pequenas da casa, onde a palabra e as bromas están presentes para levarnos á tradición oral galega. Todo comenza con: "Ris, ras / aparta 'pa' alá / que perdo o compás". Partindo de aí o público viaxará a través da música, xogos, enredos e historia tradicionais da man dun trasgo que nace do amor entre Catarina (a Lúa) e Lourenzo (o Sol). O espectáculo de Baobab Teatro está pensado para público de 1 a 8 anos e apoiado cun CD, respectando un dos principios desta compañía: a súa crenza na palabra, na música e as cantigas como medio de comunicación desde que nacemos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android