IX CONVIVIO DA CULTURA GALEGA | Carballeira de Santa Isabel (Outeiro de Rei) O SÁBADO, 9 DE XULLO, retomamos o CONVIVIO DA CULTURA GALEGA, desexando encontrarnos de novo na Carballeira de Santa Isabel e facermos unha boa festa ao redor da figura de Manuel María e celebrando a cultura de Galiza. O programa para este día será o seguinte: 11.30 Acollida de participantes diante da Casa-Museo Manuel María ao son da música de Birloque Gaiteiros. 11.45 Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizarmos unha ofrenda a Manuel María. 12.30 Actuación, en Santa Isabel, da Banda de Música SONS E SOÑOS de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales, e acompañada pola voz de UXÍA. 13.45 Xantar de convivio (cada quen ten que traer a súa comida e bebida) 16.45 Foliada na carballeira coa actuación de PARABÉNS, XURXO SOUTO e RICHI CASÁS, TRADIVIVAS AGRA, BIRLOQUE GAITEIROS, AIRINHOS DO FIOUCO E FOLIADEIR@S DO CASTRO. Guía a festa: Xurxo Souto.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar