12:00 hasta las 14:00
Entrega dos VI Premios María Luz Morales 2022

Entrega dos VI Premios María Luz Morales 2022

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá este xoves -7 de xullo-
a entrega dos VI Premios María Luz Morales de Ensaio e Videoensaio sobre
o Audiovisual, que outorga anualmente a Academia Galega do Audiovisual
(AGA) coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das
outras tres deputacións provinciais.

A Academia Galega do Audiovisual dará a coñecer os traballos premiados
nas catro categorías de participación -Mellor ensaio escrito sobre
audiovisual galego, Mellor ensaio escrito sobre audiovisual
internacional, Mellor videoensaio sobre audiovisual galego e Mellor
videoensaio sobre audiovisual internacional-.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro será a anfitrioa
do acto, que comezará ás 12.00 horas e no que participarán, xunto ás
persoas premiadas, o presidente da AGA Alvaro Becerra, o vicepresidente
e guionista e director lucense Pepe Coira, así como o deputado de
Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, a deputada de Cutlura de
Producións Audiovisuais da Deputación de Ourense, Patricia Torres, e a
deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontenvedra, María
Victoria Alonso.

Premios María Luz Morales

Os premios naceron en 2017 para estimular a produción de ensaio e
videoensaio en lingua galega e para reivindicar a figura da escritora e
xornalista María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona 1980).
Especializada na crítica de cine e de teatro, dirixiu o xornal La
Vanguardia durante a Guerra Civil, sendo a primeira muller na historia
de España en ser directora dun diario estatal. Foi activista feminista,
republicana e galeguista represaliada polo franquismo, e autora dunha
extensa obra literaria. Considerada unha referencia da incorporación da
muller a actividade xornalística e intelectual na España do século XX,
mantívose en activo ata os 91 anos de idade.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android