12:00 hasta las 20:00
Ilustrando nas Rías Baixas

Ilustrando nas Rías Baixas

As Rías Baixas serviron de inspiración a representantes de todas as artes ao longo da historia ata hoxe. Esta mostra «Ilustrando nas Rías Baixas», reúne obras se sete ilustradoras e ilustradores contemporáneos, que expresaron sobre o caderno ou na pantalla a súa visión sobre distintos lugares, xentes e actividades na provincia de Pontevedra.

Acuarela, urban sketcher, tinta chinesa ou acrílico? A exposición abarca un amplo abanico artístico. A maioría dos lugares son reconocibles a primeira ollada, como as prazas de Ou Berbés (Vigo) e Fefiñáns (Cambados), a ponte da Toxa (O Grove), os faros que salpican a costa ou a ponte de Rande. Noutros casos os e as artistas debuxan escenas poéticas ou integran elementos reais en espazos imaxinarios, creando novos mundos. Tamén se retratan actividades como a pesca e reivindícase a forza das mulleres en distintos escenarios.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android