A exposición da artista foi creada expresamente para a Sala Maruja Mallo da sede da Deputación Foral de Vigo, onde poderá visitarse ata o 22 de xullo.
A portada dun disco de «Madame Butterfly», de Puccini, serviu de inspiración á artista Pilar Alonso para crear a mostra «Un bel dei vedremo», unha instalación artística efémera sobre a intimidade.
Un bel dei vedremo é unha obra site-specific, é dicir, deseñada especificamente para a Sala. A instalación consta de dous partes que se complementan para reflexionar sobre a concepción da intimidade que temos hoxe e que está ligada ao uso das redes sociais.
Na primeira parte pódese ver unha estrutura composta por varios marcos de madeira que albergan colaxes realizadas con chatarra, fotografías, cadros e outros elementos como teas de gasa, cos que Pilar Alonso deixa ver e albiscar a realidade. A segunda parte da instalación ten forma circular e conxúgase como un abanico de cartón cuxas pezas viran sobre si mesmas permitindo que o público interactúe con elas.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar